Como algunhas xa saberedes, dende Rebelión polo Clima respostamos ao chamamento internacional de solidariedade contra o gas impulsada por Shale Must Fall e Ende Gelände mobilizándonos na Galiza (aplausos – ovacións). Para finalizarmos ao grande a vaga de verán, #AcampamosContraOGas nunha convocatoria enchida de sorpresas, así que RESERVA A DATA!
Axiña daremos máis detalles. Porén, xa creamos un formulario para irmos calculando cantas persoas seremos. Se xa sabes que vas vir, apunta ao teu grupo de afinidade! Durante os vindeiros días farémolo público en redes sociais e daremos todos os detalles, mais aínda non é o momento.
Do 30 de xullo ao 3 de agosto, #AcampadacontraOGas, reserva a data! Comparte con colectivos afíns!
🌊 Bo día a todxs! 🌊
Estamos moi emocionadxs e atarefadxs coa #AcampadaContraOGas, contentísimxs de vervos pronto. 🙌
Respondemos a algunhas dúbidas importantes:
1️⃣ Quero ir pero non teño tanta dispoñibilidade, cales son os días máis importantes?
🗓 Durante as fin de semana haberá formacións e actividades, mais se es das que veñen soamente á festa, os días 1 e 2 de agosto son os que non podes perder.
2️⃣ Tereime que pagar a comida, aloxamento e outros servizos unha vez alí?
🥙Dende Rebelión polo Clima estamos a xestionar comida e aloxamento para quen participe. Cada persoa achegará o que poida ou queira. Con todo, resaltamos que este evento é xestionado por activistas que estamos poñendo tempo e esforzo. Non queremos que ninguén quede sen vir por non dispor de recursos, pero precisamos da vosa colaboración! Por iso fomentamos a organización de festas ou eventos para nos axudar a financialo entre todxs.
3️⃣ Vanse financiar buses ata alí?
👉 Diferentes modos que apoian a actividade están a estudar organizar autobuses. Cómprenos axuda! Sobre todo se vés de Madrid, Catalunya ou Euskal Herria -ou doutros nodos- e queres axudar con isto, escribe a rebelionporelclima@riseup.net co asunto ‘organización autobús+ a túa localidade.
4️⃣ Como podo contribuír á organización dende onde estou?
🗣 Espalla! Temos cartaces co código QR que redireccionan á páxina web. Adxuntámolos na vindeira mensaxe.
💰Organiza eventos ou festas para financiar o autobús dende a túa localidade e potenciar que xente con poucos recursos poida vir. Ademais, contribúes tamén na difusión.
Seguiremos informando! 🎉
#SubeAMareaPoloClima